Chegada a Caaveiro

O día 8 de Abril saímos polo concello e polas Fragas do Eume a realizar o Safari Fotográfico con vistas ao concurso EUME VIVO. Aqui podedes ver un momento da paraxe, chegados ao mosteiro de Caveeiro. Ao final houbo unha boa camiñada. Esperamos os resultados do concurso coa certeza de que a calidade estará á altura da boa participación.



.


Plantación de froiteiras autóctonas

En colaboración coa AGFA do Eume (Asociación galega de froiteras autóctonas) fixemos unha plantación destas árbores pouco antes das vacacións de Semana Santa. Nesta actividade participaron os compañeiros de 4º de ESO. Houbo que colocar previamente as guías e remexer un pouco a terra creando os espazos adecuados. Aqui podedes ver parte dos traballos que se completaron coa colocación de pedras en forma de círculo en torno de cada árbore.










22 de Abril, Dia da Terra

Celebramos o dia da Terra no IES con distintos obradoiros relacionados coa reciclaxe: Obradoiro de compostaxe, de elaboración de xabrón e de fabricación de briquetas de papel reciclado.
Na segunda parte da mañá o alumnado de 1º de bacharelato presentou unha serie de obradoiros do programa Climántica ós seus compañeiros da ESO.